Picture

Biodiversidade

A biodiversidade, ou tamén chamada diversidade biolóxica, é o termo que utilizamos recentemente para referirnos ao conxunto de seres vivos sobre o planeta, incluídos entre outros os ecosistemas terrestres e mariños e outros ecosistemas acuáticos e os complexos ecolóxicos dos que forman parte. A diversidade biolóxica comprende a diversidade dentro de cada especie, entre as especies do ecosistema. Este termo popularizouse logo da Conferencia Internacional de Río de Xaneiro.
Existen tres niveles distintos dentro de diversidade biolóxica:
  • A diversidade xenética, que consiste na diversidade de versións dos xenes e da súa distribución.
  • A diversidade de especies, que son conxuntos de organismos relacionados capaces de reproducirse entre si.
  • A diversidade de ecosistemas, que son complexos funcionais formados polos organismos e o medio físico no que habitan.